EBA
EBA
Estudiantes Lugo Leyma Natura (83) v.s Establecimientos Otero (70)
1. 18-18 2. 24-21 3. 17-12 4. 24-19
Os nosos xogadores lograron o que ninguén ata a data, dobregar un equipo cuio nivel é doutra categoría e ademais facelo cun gran nivel defensivo e desenvoltura ofensiva.
Un primeiro cuarto onde os ataques se impoñían máis do esperado e que foi moi igualado unha vez que neutralizamos a vantaxe inicial de 0-7 con que arrancaba o encontro. Chegando con empate a 18 aos segundos dez minutos, as defensas endurecéronse e ambos os dous equipos entramos moi pronto en bonus o que fixo que se anotase dende a liña de libres e o parcial fose alto (24-21) chegando así 3 arriba ao descanso.
Coñecendo o rival sabiamos que a reanudación sería vital, posto que romperon infinidade de partidos neste parcial. O equipo deu o talle sobrepoñéndose espectacularmente á lesión de Charles e o lastre das faltas persoais. Entrando na recta final gañando de oito e cun Rafa sobre o que xiraba o equipo, fomos ampliando a vantaxe ata levala a uns inimaxinables 20 tantos; soamente maquillados ao final polos rivais para rematar co definitivo 83-70.
Próximo rival:
Visitaremos a cancha do Fidalgo Vecino, para xogarnos un posto na fase de ascenso. Cun ollo posto en Marín (precisamos da súa derrota para lograr o devandito obxectivo), intentaremos dobregar un rival que está a xogar a un gran nivel e vén de poñer contra as cordas dous dos mellores equipos da liga, como son Cambados e Inec Zamora.